sábado, 28 de marzo de 2015

Crea a túa pirámide

Crea a túa pirámide de tres componentes na web http://tice-eps.roudneff.com/acrosport.html e fai unha entrada coa imaxe xenerada.
Esa figura terás que representala na próxima clase cos teus compañeiros.

Un truco para youtube e tarefa para vós

Como xa vistes, no vídeo anterior a escea comezaba aos 54 segundos.
Que un vídeo de youtube comece no minuto ou segundo que nós queramos é moi doado de facer. Só hai que seguir 2 pasos:

1º. Detén o vídeo no momento en que ti queras que comece e preme na pestana "Compartir"



2º. aparecerá unha nova pestana: "Empezar en:"   Hai que marcala e pór o minuto ou os segundos nos que queremos que comece o noso vídeo:



Xa está! O vídeo comezará xusto cando nós queramos. Si compartimos o enlace, tamén comezará onde nós lle dixemos.
                                       __________________________________________________

TAREFA a facer:
De todos os vídeos que temos na nosa canle de youtube coas coreografías de acrosport, elixe un no que participes ti e compárteo de xeito que comece o vídeo no mesmo intre en que ti fas o teu mellor xesto/movemento/contribución.
(os rapaces poden publicar entradas, xa que teñen conta de invitados)

Figuras de tres

Temos un vídeo con figuras de acrosport. A nós só nos interesan as figuras feitas por tríos, polo que o vídeo comeza con estes exercicios.
Preme na imaxe para velo:


Presentación

Ola,
Este é o blog creado expresamente para o curso "As ferramentas TIC na área de Educación Física".
Suponse que é un blog de aula, a utilizar cos alumnos e tamén buscando a súa participación.
Eu vouno utilizar agora para tratar a unidade didáctica de "Acroximnasia", polo que as actividades das entradas xirarán en torno a este contido.
(xa se dan por traballadas as actividades de introducción á acroximnasia)